miércoles, 8 de mayo de 2013

CURSOS INTENSIVOS DE LINGUAS NA USC


O Centro de Linguas Modernas (CLM) da USC abre o prazo de matrícula, do día 1 de xuño ata o día 25 de xuño, para 27 cursos intensivos de verán de 17 linguas diferentes. 
Estes cursos desenvolveránse en horario de 9:30 a 13:45 polas mañás ou de 15:30 a 19:45 horas polas tardes, entre os días 8 e 19 do mes de xullo de 2013, nas aulas das facultades da USC do Campus de Santiago e Lugo.

Na oferta intégranse cursos de alemán, árabe, catalán, checo, chinés, eslovaco, euskera, francés, grego moderno, húngaro, inglés, italiano, lingua de signos, polaco, portugués, ruso e xaponés

Estes cursos están dirixidos en primeiro lugar a alumnos da USC que vaian ir a unha universidade estranxeira cunha bolsa dos programas de mobilidade durante o curso 2013-2014 aínda que tamén están abertos a outras persoas con interese nas citadas linguas así como a alumnos de ensino secundario que cumpran ao longo de 2013 dezaseis anos. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario