lunes, 31 de octubre de 2011

NOVAS CONVOCATORIAS DE BOLSAS

  • O Instituto Nacional de Estatística convoca 12 bolsas coa finalidade de fomentar e promover a investigación estatística, así como o desenvolvemento e implantación de procesos estatísticos, mediante a formación de postgraduados. O período de desfrute de cada unha das bolsas será de doce meses. Requisitos: estar en posesión do título de licenciado, enxeñeiro ou arquitecto, ou de Grao, que deberá terse obtido durante os últimos tres anos anteriores. O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 16 de novembro de 2011. http://www.ine.es/
  • Bolsas de formación práctica en empresas de Feuga. A Fundación Empresa Universidad Gallega (Feuga) convoca bolsas para Titulados Universitarios. Requisitos: estar inscrito no Servizo Público de Emprego de Galicia e facer constar nos seus datos que desexa optar a unha bolsa de formación de FEUGA. Ser diplomado, licenciado ou doutorado universitario. No caso das titulacións nas que para a obtención do título sexa necesaria a presentación do proxecto fin de carreira, será suficiente ter aprobadas todas as materias desta.Ter cursado estudos nunha das tres Universidades da nosa Comunidade Autónoma. Tamén poderán acceder ao programa de bolsas os titulados doutras Universidades españolas, se a titulación solicitada non se impartise nas tres Universidades da Comunidade Autónoma. Non ter máis de 30 anos. Ter finalizado os estudos nos tres últimos anos. Non ter desempeñado en ningún momento traballo profesional remunerado relacionado coa súa titulación, baixo ningunha modalidade de contratación (os candidatos do programa de bolsas achegarán o correspondente Certificado de Vida Laboral). A bolsa é incompatible con calquera outro tipo de ingresos. O prazo está aberto todo o ano. http://www.feuga.es/
  • Bolsas Feuga para estudantes universitarios. Para ver as titulación requeridas e as empresas, pulsade aquí.  O prazo remata o 07 de novembro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario