Poderán ser beneficiarias das axudas previstas neste programa as empresas privadas, calquera que sexa a forma xurídica que adopten e que cumplan os seguintes requisitos:
a) Que sexan empresas de nova creación.
b) Que sexan viables técnica, económica e financeiramente.
c) Que xeren emprego estable para persoas desempregadas.
d) Que teñan o seu domicilio social, fiscal e o seu centro de traballo nun concello de Galicia.
e) Que sexan promovidas, como máximo, por cinco persoas e que entre os/as socios/as promotores/as non figure ningunha persoa xurídica.
f) Que a empresa teña un capital social máximo de 120.202 €.
g) Que como mínimo o 50 por cento do seu capital social sexa de titularidade dos promotores e promotoras que sexan persoas desempregadas que creen o seu propio posto de traballo na empresa.
O programa de fomento das iniciativas emprendedoras e de emprego (I+E+E), inclúe os seguintes tipos de axudas:
a) Subvención á xeración de emprego estable,entre outras, 5.000 € para mozos desempregados de 30 ou menos anos.
b) Subvención financeira.
c) Subvención para asistencia técnica
d) Subvención para o inicio da actividade.
e) Subvención para a conciliación da vida persoal, laboral e familiar das persoas promotoras.
O prazo xeral para a presentación de solicitudes das axudas deste programa finalizará o 30 de xuño de 2010, excepto para a subvención á xeración de emprego estable e a subvención financeira, que terán como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da alta na Seguridade Social.
Máis información no DOG do 18 de maio de 2010 e en http://traballo.xunta.es. |
No hay comentarios:
Publicar un comentario