miércoles, 28 de abril de 2010

Día internacional da Seguridade e Saúde no traballo

Foto pertencente á campaña de 2009 de seguridade e saúde da UGT

Hoxe 28 de abril, celébrase en todo o mundo o día internacional da seguridade e a saúde no traballo.
Este ano, se examinan os retos mundiais actuais e o novo contexto da posta en prática desta materia. Destácase o avance tecnolóxico, os riscos laborais emerxentes e os patróns cambiantes de emprego e man de obra. E, polo tanto, a necesidade de novos enfoques preventivos para facer fronte a estes novos retos.
No podemos esquecer que (A Voz de Galicia, 19/03/10) "as unidades especializadas da Garda Civil interviron en Galicia 414 casos en 2009, nos que se produxeron 29 víctimas mortais" sendo os sectores máis castigados os da industria e a construcción e a provincia máis afectada Pontevedra, concentrando o 57% dos casos.
Basta con ler hoxe a portada do Diario de Pontevedra para comprobar que algo está a fallar coa seguridade e a saúde na nosa provincia (pódense contabilizar ata 4 noticias sobre accidentes de traballo, con resultado de morte).
Segundo a OIT cada ano no mundo teñen lugar 270 millóns de accidentes de traballo, e 160 millóns de casos de enfermidade profesional. Estas cifras revelan a trascendencia deste tema, no que cada vez máis se implican empresarios e traballadores.
Temos avanzado moito nesta materia, dende a aprobación da Lei de Prevención de Riscos Laborais 31/1995, pero non é suficiente, como demostran as cifras, xa que o camiño é longo.
É responsabilidade de todos traballar pola seguridade e a saúde nos nosos entornos laborais.
En primeiro lugar dos empresarios e das administracións, pero tamén e fundamentalmente, dos propios traballadores. Para isto é IMPRESCINDIBLE a información e a formación. TODOS debemos coñecer e exercer os nosos dereitos e obrigas en materia de seguridade e saúde laboral.
Por un entorno de traballo seguro, que redundará en beneficio da productividade e da eficiencia da empresa e da calidade de vida dos traballadores.




Campaña do ISSGA





A vida espérate


INSHT
OIT

No hay comentarios:

Publicar un comentario