domingo, 7 de marzo de 2010

8 DE MARZO: DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Mañá luns, 8 de marzo, se celebra o día internacional da muller traballadora. O tema deste ano é: Igualdade de Dereitos, Igualdade de Oportunidades: progreso para todos.

Este ano marca o 15º aniversario da adopción da Declaración de Beijing e a Plataforma de Acción, os resultados da Cuarta Conferencia Mundial sobre a Muller celebrada en Beijing en 1995.

O Secretario Xeral da ONU, Ban Ki-moon, ten declarado: "A igualdade das mulleres e as nenas constitúe tamén un imperativo económico e social. Ata que non se acade liberar ás mulleres e ás nenas da pobreza e da injustiza, todos os nosos obxectivos —a paz, a seguridade, o desenvovemento sostible— correrán perigo.».

O actual governo español, móstrase moi comprometido coa causa, aplicando dende 2004 políticas de paridade na súa organización, e creando o todavía recente e polémico ministerio de igualdade, asignado a Bibiana Aído.

No artigo 45 da Lei Orgánica 3/2007, de 22 de marzo, para la igualdad efectiva entre mujeres y hombres se establece que as empresas están obrigadas a respectar a igualdade de trato e de oportunidades no ámbito laboral e, con esta finalidade, deberán adoptar medidas dirixidas a evitar cualquera tipo de discriminación laboral entre mulleres e homes, medidas que deberán negociar, e no seu caso acordar, cós representantes legales dos traballadores e traballadoras na forma que se determine na lexislación laboral.

A pesares de todas estas medidas e ferramentas, a igualdade en xeral e a laboral en particular son todavía metas por acadar, polas que todos e todas debemos loitar. Esta loita debe comezar pola formación e información, así que eiquí vos deixamos o enlace ó ministerio de igualdade, onde poderedes acadar información sobre os planes de igualdade emprendidos polo governo, boas prácticas na empresa...etc. Esperamos que vos resulten de interese.


No hay comentarios:

Publicar un comentario