¿Que estudios universitarios teñen acceso directo desde os ciclos superiores?
As persoas tituladas superiores de formación profesional poden acceder directamente a determinados estudos universitarios de primeiro ciclo, así como a titulacións de primeiro e de segundo ciclo, naqueles casos en que a especialidade de formación profesional cursada as habilite para tal acceso.
Daquela:
• Para o acceso ás titulacións de primeiro ciclo (enxeñarías técnicas, diplomaturas e estudos de mestre) resérvase o 15% das prazas totais das correspondentes titulacións.
• Cando se trate de estudos universitarios conducentes á obtención de títulos universitarios de primeiro e segundo ciclo (enxeñarías e licenciaturas) a porcentaxe de prazas para reservar é dun 7% das totais de cada titulación.
A prioridade na adxudicación das prazas está en relación directa coa nota media obtida no ciclo superior de formación profesional. A nota de corte correspóndese coa nota da derradeira persoa admitida en cada titulación.
A Orde ECI/2527/2005, do 4 de xullo, actualizou e ampliou o anexo X de acceso a estudos universitarios desde os ciclos formativos de grao superior, do Real decreto 777/1998, do 30 de abril.
Nos arquivos seguintes recóllense todas as posibilidades.
- Acceso a estudos Universitarios desde a FP, clasificado por familia e ciclo formativo
- Acceso a estudos Universitarios desde a FP, clasificado por titulación universitaria
No hay comentarios:
Publicar un comentario