jueves, 29 de octubre de 2009

A NOVA WEB DE SERVICIOS PÚBLICOS



O Ministerio de Traballo renova a web do Inem para crear ‘Redtrabaja.es‘, un portal ‘online’ que permitirá darse de alta como demandante de emprego, presentar o teu CV a empresas que ofrecen traballo ou cobrar en pago único as prestacións para ser autónomo, entre outros servicios. O proxecto cifrou en mais de 20 millóns os usuarios potenciais da web. Está destinada a empresarios, desempregados e tamén traballadores que queiran mellorar a súa situación laboral.
Na nova páxina podemos atopar videos relacionados coa búsqueda de emprego que nos axudarán a usar os canais adecuados, presentarnos e convencer, ordear a actividade de búsqueda, e desenrrolar as propias estratexias de búsqueda.
A páxina permite subir a Internet o cv do usuario e no caso de ser empresario, colgar ofertas de emprego. Ademais, tamén é posible coñecer o catálogo de cursos de formación laboral, incluido o contido dos mesmos e os seus requisitos.
Esta web ten un amplo servicio de información para que o usuario coñeza todo o que debe saber sobre a súa situación de desemprego.
Outra aplicación interesante da páxina é un simulador de prestacións co el que se pode calcular o dereito a paro do usuario.
A web tamén facilita aos autónomos a creación da súa empresa en 48 horas.
Ademais de resolver os trámites telemáticos, a nova web de Traballo sirve de orientación para o emprendedor que teña dudas sobre o séu plan de negocio.
‹www.inem.es› trasladou á nova web dos Servicios Públicos de Emprego: a nova sede electrónica do Servicio Público de Emprego Estatal, anteriormente ‹www.inem.es›, é agora http://www.sepe.es/

No hay comentarios:

Publicar un comentario