miércoles, 19 de septiembre de 2012

TRABALLO EN EUROPA (III)

O derradeiro e máis recente informe da Comisión Europea sobre a situación dos novos no espazo da Unión inclúe, entre outras cuestións, distintas recomendacións e iniciativas con vistas a mellorar esta situación, no que se refire sobre todo ao emprego e á educación, e que se pretenden abordar no marco da Estratexia da UE para a Mocidade (2010-2018).

Entre estas iniciativas destacan:
  • Programa  Erasmus para Todos (do que xa vos falamos noutras ocacións) que se prevé comezará no ano 2014, con 19,000 millones de euros de orzamento e unha duración de sete años.
  • A Rede Eures, que será reforzada nos vindeiros meses, tal como dispón a  Comunicación da Comisión “ Hacia una Recuperación Generadora de Empleo”, o cal permitirá unha maior axilidade na procura de emprego para os cidadáns e cidadás da Unión. Próximamente terá lugar unha das citas máis relevantes do ano, das que organiza a Rede Eures, unha nova edición das Jornadas Europeas de Empleo en Bruselas, o próximo 6 de outubro. Para facilitar o encontro entre oferentes e demandantes de emprego, a Rede ten posto en marcha unha edición virtual destas Xornadas, o que permitirá ás persoas interesadas participar nas mesmas sen necesidade de se desprazar físicamente.
  • Finalmente, caben destacar outros dous recursos tambén dispoñibles en Internet. Por unha banda, a páxina de Eurobrussels, na que se recollen ofertas de traballo e prácticas en Institucións. Nesta páxina da Comisión Europea pódese acceder á guía “ Pronto tendrá noticias nuestras”, unha exposición práctica e útil para axudar á cidadanía na procura de emprego nos países do Espazo Económico Europeo. Por outro banda, é moi recomendable visitar o Portal Europeo de la Juventud, onde se atopa un apartado específico adicado a “Traballar en Europa”, con múltiples referencias a outras páxinas webs, nas que se ofertan empregos e períodos de prácticas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario