miércoles, 5 de septiembre de 2012

I FORO DE EMPREGO DO MORRAZO



Os vindeiros 13 e 14 de Setembro terá lugar o  I Foro de Empleo e Emprendemento do Morrazo "Empleum", organizado pola Asociación Berobreo e a Concellería de Xuventude de Cangas. 
Con esta iniciativa, os cinco concellos do Morrazo (Cangas, Moaña, Bueu, Marín e Vilaboa) xúntanse para axudar na procura do emprego e dos novos emprendementos.

Neste Foro realizaránse talleres, charlas, prácticas, coaching, coworking ...etc. Ademáis, neste foro as ETT´s ofertarán perfiles de postos de traballo e os emprendedores que iniciarón a súa actividade dende o 1 de Xaneiro do 2011  ata actualidade expondrán o seu emprendemento e se lle fará un video que será exposto en youtube.

Para poder asistir ao Foro así como participar nos distintos premios de "Morrazo Emprendedor" hai que inscribirse dende o 11 de Agosto ata o 9 de Setembro.
Aproveitamos para vos recomendar a visita ao blog da Asociación Berobreo, onde atoparedes información e iniciativas de grande interese para vos. Ademáis, a  Asociación Berobreo organizará a partir de Outubro un servizo denominado"Emplum", onde se organizarán charlas, talleres,conferencias,...etc. Para poder participar neste servizo hai que inscribirse no Foro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario