miércoles, 19 de septiembre de 2012

APOIO A EMPRENDEDORES

  • BIC GALICIA e o IGAPE organizan unha xornada có obxectivo de motivar e dinamizar aos emprendedores da provincia de Pontevedra. A xornada terá unha duración de 3 horas e celebraráse nas seguintes localizacións: Moaña (4 de outubro, de 17.00 a 20.00 horas), Vilagarcía de Arousa (10 de outubro, de 10.30 a 13.30 horas) e en Poio (26 de putubro, de 18.00 a 21.00 horas). Para máis información, pinchade aquí.
  • Programa de Emprendemento Social de "La Caixa": Este programa ten como finalidade apoiar aos emprendedores e empresas sociais en fase "de semente". Diríxese a empresas sociais de nova creación, empresas sociais novas e empresas sociais con novas liñas de negocio. Máis información.
  •  O Concello de Pontevedra vén de anunciar a vindeira adxudicación dos seis locais do viveiro de empresas do concello. Os adxudicatarios poderán desfrutar dun local para comezar o seu negocio ( a un prezo moi asequible, e con mobiliario de oficina e conexión telefónica) ademáis dun servizo de asesoramento empresarial para poder constituir unha empresa solvente e con garantías de supervivencia. A convocatoria para a adxudicación publicaráse nas vindeiras semanas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario