jueves, 7 de junio de 2012

ENSINANZAS DEPORTIVAS


Para todos aqueles que esteades interesados en realizar un ciclo de FP vinculado ao deporte, vos xuntamos a Resolución do 4 de xuño de 2012, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convocan probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2012/2013.

1. Terá acceso ao grao medio das ensinanzas deportivas o alumnado que cumpra calquera dos seguintes requisitos:
  • Dispor do título de graduado en educación secundaria, ou equivalente para os efectos académicos, e superar unha proba específica. Para o acceso ao segundo nivel de grao medio, ter superados os estudos do primeiro nivel na correspondente modalidade ou especialidade deportiva.
  • O alumnado que non dispoña do título de graduado en educación secundaria, ou equivalente para os efectos académicos, deberá ter 17 anos e superar a proba de madureza que se establece no anexo III da resolución, ademais da correspondente proba específica.
  • A proba de madureza poderase substituír pola proba de acceso a ciclos formativos de grao medio de formación profesional ou de artes plásticas e deseño, ou a de acceso á universidade para maiores de 25 anos.
2. Terá acceso ao grao superior das ensinanzas deportivas o alumnado que cumpra os seguintes requisitos:
  • Dispor do título de técnico deportivo na modalidade ou especialidade deportiva correspondente, ter o título de bacharel, ou equivalente para os efectos académicos, e cumprir os requisitos relativos á experiencia deportiva que se puideren establecer na especialidade ou modalidade correspondente.
  • O alumnado que non posúa o título de bacharel, ou equivalente para os efectos académicos, deberá ter 19 anos e superar unha proba de madureza que se establece no anexo III da resolución, ou 18 anos sempre que posúa, ademais do título de técnico deportivo da modalidade correspondente, un título de técnico relacionado con aquel a que se desexa acceder.Tanto nun como noutro caso, a idade mínima establecida deberase cumprir dentro do ano natural de realización das probas.
  • A proba de madureza poderase substituír pola parte común da proba de acceso a ciclos formativos de grao superior de formación profesional ou de artes plásticas e deseño, ou a de acceso á universidade para maiores de 25 anos.
A inscrición para realizar as probas farase na secretaría dos centros públicos onde se impartan ensinanzas deportivas, coa excepción da especialidade hípica, que se fará nos centros autorizados que a impartan, no prazo comprendido entre o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia e o día 28 de xuño de 2012.

No hay comentarios:

Publicar un comentario