viernes, 15 de junio de 2012

EMPREGO NO CONCELLO DE MOAÑA


SELECCIÓN PARA A CONTRATACIÓN LABORAL TEMPORAL DE AUXILIARES DA POLICÍA LOCAL DE MOAÑA. 2012

OBXECTO: Contratación laboral temporal de 1 auxiliar de Policía Local para actuar como reforzo, por necesidades de servizo. A selección se realizará polo sistema de quenda libre e o procedemento de oposición. A contratación das persoas aspirantes realizarase a medida que xurdan tales necesidades, pola orde de puntuación total obtida nas probas. No intre en que sexa necesaria a contratación dun ou dunha auxiliar, terase en conta a puntuación acadada. Os contratos que se realizarán terán unha duración máxima de catro meses.

REQUISITOS:
  • Ser español ou cidadán dun país membro da Unión Europea (acreditarase mediante fotocopia compulsada do DNI).
  • Ter cumpridos 18 anos de idade e non exceder de 58 anos na data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes.
  • Estar en posesión do título de graduado en ESO, ou equivalente, ou en condición de obtelo na data en que remate o prazo de presentación de solicitudes, que se acreditará mediante presentación do título oficial ou copia autenticada deste e, no seu defecto, xustificante de ter efectuado o depósito para obtelo (no caso de titulacións expedidas por organismos estranxeiros, deberá achegarse certificación do Ministerio de Educación e Ciencia en que se faga constar a súa equivalencia coa esixida para o acceso).
  • Non ter sido separado/a, mediante expediente disciplinario, do servizo de calquera das administracións públicas ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das comunidades autónomas, nin atoparse inhabilitado/a para o exercicio das funcións públicas. Non ter sido condenado/a por delito doloso. Será aplicábel, non obstante, o beneficio da rehabilitación, segundo as normas penais e administrativas, que o/a aspirante deberá acreditar mediante o correspondente documento oficial. Non atoparse incurso/a en ningunha das causas de incapacidade ou incompatibilidade que determina a lexislación vixente.
  • Ser titular do permiso de conducir da clase B (xustificarase con fotocopia compulsada).
  • Acreditar, mediante certificado médico, non padecer enfermidade ou defecto físico que impida ou dificulte o desenvolvemento das funcións propias dun auxiliar da policía
  • Ter unha estatura mínima de 1,65 metros para os homes e de 1,60 metros para as mulleres. Este requisito acreditarase mediante declaración xurada sen prexuízo da súa posterior constatación.
Todos estes requisitos deberán acreditalos na data en que remate o prazo de presentación de solicitudes da convocatoria correspondente.
PRAZO PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: ATA LUNS 18 DE XUÑO.


No hay comentarios:

Publicar un comentario