martes, 19 de junio de 2012

EMPREGO NO CONCELLO DE BUEU

BOLSA DE EMPREGO TEMPORAL PARA POSTO DE AUXILIAR DE BIBLIOTECA EN BUEU
Requisitos dos aspirantes
  • Ser cidadán comunitario ou daqueles estados que, en virtude dos tratados internacionais celebrados pola Unión Europea e ratificados por España, sexa de aplicación a libre circulación de traballadores, ou ter a nacionalidade de terceiros estados non incluídos nos supostos anteriores sempre que cumpran os requisitos exixidos na normativa sobre dereitos e liberdades das persoas extranxeiras en España.
  • Ter a maioría de idade laboral cos requisitos e garantías establecidas no Estatuto dos Traballadores.
  • Non padecer enfermidade nin limitacións físicas ou psíquicas que impidan o normal desenvolvemento das funcións exixidas.
  • Non estar incapacitado ou inhabilitado para o exercicio de funcións públicas. e) Non estar afectado por motivos de incompatibilidade establecidos na lexislación vixente. 
  • Estar en posesión, alomenos, da titulación de graduado escolar.

Solicitudes e documentación: As persoas que desexen tomar parte no procedemento selectivo para esta contratación deberán presentar as súas solicitudes no Rexistro municipal no prazo de cinco días naturais dende a publicación do anuncio nun dos diarios de maior tirada.(do luns 18 ao venres 22 de xuño de 2012).

No hay comentarios:

Publicar un comentario