jueves, 24 de mayo de 2012

CURSO GRATUITO DE CHINÉS



O auxe do chinés como idioma de negocios é unha realidade. A crecente importancia da economía chinesa e a incorporación de empresas europeas e doutras partes do mundo a este país asiático supón, dende hai algúns anos, un relanzamento espectacular desta lingua en todo o mundo. Pero non sempre resulta fácil ter o tempo ou os recursos para poder empezar a estudiala.

Dende páxina web CHINESECOM.EU ofrécesevos a posibilidade de realizar un curso básico de chinés completamente gratuito e online
Este proxecto, denominado "CHINESECOM Competencias en chino - elemental - como medio para mellorar a competitividade das empresas no marco da Unión Europea, está financiado pola Unión Europea dentro do marco dos Programas de Aprendizaxe Permanente (PAP) - Actividade Clave 2 - Proxectos Multilaterais, do cal a Xunta de Galicia é socio.

Con este curso se pretende facer fronte á escasez de material adaptado ás necesidades reais do persoal das empresas, así como de estudiantes universitarios ou de formación profesional, no momento no que eles entran en contacto coa lingua china.
Cómpre lembrar que o portal www.chinesecom.eu , está situado entre os catro cursos online de chinés máis valorados polo principal buscador da rede a nivel internacional, sendo un dos máis visitados. Este curso, o primeiro de chinés-galego, é o ademais o único existente en Europa con tradución a unha lingua minoritaria, o que pon á nosa comunidade nunha situación de líder en canto á formación en lingua chinesa.

Non é preciso que vos recalquemos a importancia que tería para vós, a nivel profesional, o feito de ter uns coñecementos básicos da lingua do futuro....





No hay comentarios:

Publicar un comentario