sábado, 28 de abril de 2012

DÍA INTERNACIONAL DA SAÚDE E A SEGURIDADE NO TRABALLO



A celebración do Día Mundial da Seguridade e a Saúde no Traballo consiste nunha campaña anual internacional para promover o traballo seguro, saudable e decente, que culmina hoxe,  28 de abril.
Este ano, o Día Mundial da Seguridade e a Saúde no Traballo céntrase na promoción da seguridade e a saúde laboral nunha economía verde
O mundo está evolucionando cara unha economía máis verde e sostible. Aínda que certos traballos sexan considerados como 'verdes', as tecnoloxías empregadas poden protexer o medio ambiente, pero non resultar en absoluto seguras. Os empregos verdes deben ser tamén seguros e saudables para os traballadores e non só protexer o medio ambiente.
O Programa SafeWork da OIT ten elaborado un informe que serve de fondo a este tema. Destácase a seguridade e a saúde como parte integral da promoción de empregos verdes e unha economía máis verde, como factores clave para o logro dun  desenvolvemento económico e social que tamén é ambientalmente sostible. 
Máis información:

No hay comentarios:

Publicar un comentario