miércoles, 25 de abril de 2012

BOLSAS PARA PRÁCTICAS DE COMERCIO EXTERIOR

No BOE de hoxe 25 de abril, publícase a Resolución de 20 de abril de 2012, de la Secretaría de Estado de Comercio, por la que se convocan para el año 2012, becas destinadas a la realización de prácticas de comercio exterior en asociaciones españolas de exportadores.

Con esta resolución convócanse un total de 9 prazas (bolsas) para realizar practicas de comercio exterior na sede das Asociacións Españolas de Exportadores. Os bolseiros colaborarán nas actividades de comercio exterior a realizar polas Asociacións como promoción comercial, elaboración de estudos de mercado, organización de estatísticas de comercio exterior e bases de datos, mellora do boletín informativo, así como a realización de estudos ou informes relacionados co comercio exterior.

Requisitos: 
  • Nacionalidade española
  • Máximo de 35 anos de idade.
  • Título de Diplomado Universitario, Enxeñeiro Técnico, Arquitecto Técnico ou equivalente; aínda que valoraranse especialmente as licenciaturas en Economía, Dirección e Administración de Empresas, Dereito e Enxeñaría.
  • Dominio do inglés
  • Acreditar unha experiencia práctica de polo menos un ano en actividades relacionadas coa promoción comercial en mercados estranxeiros ou coa internacionalización da empresa española.
A beca terá unha duración inicial de 6 meses, do 01 de xuño ao 31 de decembro de 2012, aínda que existe a posibilidade de prórroga por outros 11 meses.
O prazo de presentación de solicitudes remata o 11 de maio.
Máis información:

No hay comentarios:

Publicar un comentario