miércoles, 7 de marzo de 2012

CURSOS DE IDIOMAS NO EXTRANXEIRO 2012

Estes cursos están dirixidos a mozos/as de entre 14 e 30 anos de idade (os menores precisan autorización dos pais ou titores).
Ofértanse curso de inglés, alemán, francés, portugués, italiano, ruso chinés e árabe. Podes consultar as condicións dos cursos, a oferta e os prezos AQUÍ.
Os prezos inclúen as clases do idioma elixido, o aloxamento (en familias, apartamentos ou residencias de estudantes) e un seguro de asistencia en viaxe. Non inclúen os gastos de viaxe ata o país de destino, gastos de transporte local, as actividades e excursións que sexan opcionais dentro dos programas de cada escola, nin os traslados.
Podedes solicitar os  curso chamando ao teléfono 981 544 851 ou ben enviando un correo electrónico (co asunto: cursos de idiomas no estranxeiro) ao seguinte enderezo: idiomas@xunta.es

No hay comentarios:

Publicar un comentario