jueves, 22 de marzo de 2012

CURSO EMPREGADO POLIVALENTE DE SUPERMERCADO



A Concellería de Promoción Económica do Concello de Pontevedra firmou o pasado venres 16 de marzo, un convenio de colaboración co GRUPO MOLDES, para levar a cabo un curso de formación de empregado polivalente de supermercado.

O compromiso é que tras a formación, o Grupo Moldes contratará a un 60% dos participantes (entre 12-14 traballadores), que pasarán a formar parte da plantilla no novo supermercado (o 7º) que a empresa vai a abrir na contorna da  cidade administrativa de Campolongo, en Pontevedra.

O curso terá 10 semanas de duración e se desenvolverá en horario de mañá e tarde (de 9.00 a 14.00 horas e de 18.30 a 21.30 horas). O seu comezo está previsto para finais de abril, comezo de maio.

O prazo para se apuntar comezou o pasado luns 19 de marzo e se prolongará até o 30 de marzo.

Todos os interesados deben entregar a solicitude  na Axencia de Desenvolvemento Local de Pontevedra (Rúa Santa Clara, nº4) e deben presentar:
  • Solicitude
  • Fotocopia do DNI
  • Curriculum Vitae con fotografía recente.

No hay comentarios:

Publicar un comentario