martes, 20 de marzo de 2012

CONVOCATORIA PROBAS LIBRES DA ESO PARA MAIORES 18 ANOS

Hoxe publícase a RESOLUCIÓN do 21 de febreiro de 2012 pola que se convocan as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos nas convocatorias de abril e setembro, e se ditan instrucións para a súa realización.

Como xa vos indicamos, os prazos de matrícula son:
  • Convocatoria de abril: 20 ao 30 de marzo, ambos os dous incluídos.
  • Convocatoria de setembro: o 3 e o 4 de setembro.
As probas celebraranse en sesións de mañá e tarde os días 27 de abril e 13 de setembro

En Pontevedra, segundo a letra inicial do apelido, o lugar de realización das probas será:

– Da letra A á letra L: centro EPA Río Lérez, avenida de Buenos Aires, s/n.
– Da letra M á letra Z: IES Sánchez Cantón, avenida Raíña Victoria.

En  Vigo:

– Da letra A á letra F: centro EPA Berbés, rúa Marqués de Valterra, 8-1.º.
– Da letra G á letra O: IES Politécnico, rúa de Torrecedeira, 88.
– Da letra P á letra Z: IES Santa Irene, praza de América, 7.

PODEDES CONSULTAR TODA A INFORMACIÓN NESTA LIGAZÓN

No hay comentarios:

Publicar un comentario