lunes, 5 de marzo de 2012

AXUDAS DA XUNTA PARA ACTIVIDADES DE LINGUAS EXTRANXEIRAS 2012

Hoxe publícase no DOG a ORDE do 22 de febreiro de 2012 pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2012, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva.

Destinatarios:
  • 6.º de educación primaria
  • 1.º, 2.º, 3.º e 4.º da ESO
  • 1.º ou 2.º de Bacharelato
  • Ciclos formativos de grao superior, que teñan un módulo profesional de lingua estranxeira no seu currículo.
Teñen que ter acadado no curso 2010-2011 unha cualificación mínima de ben, para o alumnado de educación primaria, e de 6 para o de educación secundaria obrigatoria, de bacharelato e de ciclos formativos, na área, materia ou módulo de lingua estranxeira que se vai perfeccionar na estadía.

O prazo de presentación de solicitudes ábrese mañán día 6 de marzo ata o 07 de abril, e pódese facer online no seguinte enlace AXUDASLE

Máis información no DOG de hoxe

No hay comentarios:

Publicar un comentario