miércoles, 15 de febrero de 2012

AXUDA ECONÓMICA POR FILLOS MENORES DE 3 ANOS 2012

ORDE do 30 de decembro de 2011 pola que se establecen as bases polas que se rexerá a concesión da prestación económica de pagamento único por fillas e fillos menores de tres anos para o ano 2012.

Poderán ser beneficiarias desta prestación aquelas persoas que teñan fillos/as menores de tres anos en 1 de xaneiro de 2012 (nacidos entre o 2.1.2009 e o 1.1.2012, inclusive) e que, durante o ano 2010, nin elas nin ningún membro da unidade familiar estivesen obrigados a presentar a declaración polo imposto sobre a renda das persoas físicas correspondente a este período, nin a tivesen presentado de xeito voluntario aínda sen estar obrigados a iso.

A prestación consistirá nun pagamento único por cada fillo/a menor de tres anos, sendo a contía da prestación de 360 euros por cada un dos/as fillos/as, sen que o/a mesmo/a fillo/a poida dar lugar a máis dunha prestación.
Requisitos:
  • Que os proxenitores teñan a súa residencia habitual en Galicia.
  • Que na data da solicitude os/as nenos/as convivan coa persoa solicitante.
TEXTO DA ORDE

No hay comentarios:

Publicar un comentario