martes, 24 de enero de 2012

OFERTA FORMATIVA DO ISSGA 2012


Un ano máis o ISSGA publica a súa oferta formativa gratuíta de cursos de prevención de riscos laborais de 35 e 60 horas de duración.
Os cursos de 35 horas son presenciais, dunha semana de duración, mentres que os de 60 horas se desenvolven online durante 2 meses. Neste caso, para obter a acreditación correspondente será imprescindible a superación de todas as probas de avaliación: tempo de conexión, envío das actividades e exercicio final presencial que se celebrará en calquera dos catro centros provinciais do ISSGA.
A 1º tanda de cursos comeza o 27 de febreiro, e o  prazo de matrícula ábrese o día 27 de xaneiro.
Se tedes interese debedes estar ben atentos os venres 27 a 1ª hora, porque as prazas voan!!!


WEB DO ISSGA

No hay comentarios:

Publicar un comentario