martes, 29 de noviembre de 2011

ERASMUS PARA TODOS



Hoxe 29 de novembro de 2011, o programa Erasmus é noticia en todos os medios de comunicación, porque Xavier Prats, director xeral adxunto da Dirección Xeral de Educación e Cultura da Comisión Europea, presentou o novo programa de formación da Comisión Europea, chamado Erasmus para todos.
Os obxectivos son incrementar os orzamentos nun 70% (ata 19 mil millóns de euros, dos cales 2/3 se destinarían a mobilidades de estudantes), coa finalidade de mellorar a educación e a formación, así como promover a investigación, o ensino e máis o deporte base.
Este novo programa, correspondente ao periodo 2014-2020, suporá un salto cuantitativo na mobilidade estudantil e profesional, xa que baixo a denominación ERASMUS aglutinaránse todas as accións de mobilidade ata agora desenvolvidas (Leonardo, Comenius, Erasmus Mundi...), así como outros programas novidosos e de grandísimo interese. O obxectivo é acadar a cifra de 5 millóns de mobilidades de estudantes e profesores durante este periodo.
Daráse importancia e fomentaránse especialmente as accións de mobilidade Erasmus dirixidas a alumnado de FP de grao superior, xa que polo de agora son as máis minoritarias. Esta é unha grande noticia para todos aqueles que esteades a soñar con ser parte da comunidade Erasmus, xa que parece (o Parlamento Europeo aínda ten que aprobar esta proposta) que a participación neste programas vaise facer máis sinxela e accesible!!!
Máis información sobre esta noticia.

Para aqueles que queirades participar este curso ou o que ven nunha acción de mobilidade Erasmus ou Leonardo, consultade nos vosos centros de ensino no departamento de programas europeos, ou ben facede o propio na sección de programas europeos da consellería de educación.
Xa está en marcha a convocatoria para as acción de mobilidade 2012/2013, e podedes consultar a convocatoria AQUÍ.

No hay comentarios:

Publicar un comentario