miércoles, 15 de junio de 2011

PROGRAMA INNCORPORA

 

O Ministerio de Ciencia e Información publicou o pasado 26 de maio a nova convocatoria de axudas do Subprograma INNCORPORA. Esta convocatoria ten como obxectivo a concesión de axudas a empresas públicas e privadas, spin off, JEIs, centros tecnolóxicos, centros de apoio á innovación tecnolóxica, asociacións empresariais, e parques científicos e tecnolóxicos para a nova contratación de profesionais con titulación de Doutor, Titulación Universitaria e Técnico Superior de Formación Profesional a xornada completa e a súa formación inicial, vinculado á participación nun proxecto de investigación industrial, de desenvolvemento tecnolóxico ou estudos de viabilidade técnica previos.
INNCORPORA estructurase nas seguintes seis líñas:
Estas axudas están destinadas a sufragar os seguintes costes: a retribución bruta máis a cuota empresarial da  Seguridade Social, os costes indirectos e os gastos de consultoría ou servizos equivalentes destinados á formación inicial relacionada có proxecto.
 Os tipos de axudas desta convocatoria son: Subvencións, e préstamos cun tipo de interese do 0% e un prazo de amortización máximo de 9 anos, con ata 3 de carencia, cuxo importe máximo será de ata o 100 % do coste financiable da actuación.
A solicitude destas axudas será unha por contrato para todas as liñas, excepto para INNCORPORA-EE, que é unha solicitude por proxecto
Para estos proxectos se ten aprobado un presuposto de 342 M de € en subvención e préstamo para o periodo 2011-2014.
Prazos de solicitude
  • Línea Inncorpora-Torres Quevedo 2011: 16/05/2011-16/06/2011
  • Línea Inncorpora-Titulados Universitarios 2011: 16/05/2011-22/06/2011
  • Línea Inncorpora-Formación Profesional de Grado Superior 2011: 16/05/2011-31/10/2011
  • Línea Inncorpora-Escuelas de Empresas 2011: 19/05/2011-20/06/2011
  • Línea Inncorpora-Centros de Formación 2011: 14/06/2011-14/07/2011
  • Línea Inncorpora-Inteligencia Internacional 2011: 16/05/2011-22/06/2011

EMPLEO Y FORMACIÓN EN RENFE

A RENFE dispón dunha interesante sección na súa páxina web adicada a emprego e formación. CLICKA EIQUÍ PARA BOTAR UNHA OLLADA

Hoxe vos traemos a oferta do CURSO DE CONDUCCIÓN DE VEHÍCULOS FERROVIARIOS DE CATEGORÍA B, impartido pola Escola Técnica de RENFE Operadora. Este curso ten unha duración de 1.150 horas (Setembro 2011 a Xullo 2012) e impartiráse nos seus centros de Madrid e Barcelona. Hai 125 prazas, con reserva de 25 para aqueles candidatos que superen unha proba de francés. O importe do curso é de 20.600 euros.

O prazo de preinscrición comezou o pasado 10 de xuño e remata o 20 de xuño. O prazo de matrícula é do 18 ao 22 de Xullo.

O prezo do curso é elvado, pero pode ser unha boa opción de empregabilidade!!!

MÁIS INFORMACIÓN SOBRE O CURSO

MATRÍCULA DOS CICLOS DE FP

Os prazos de admisión do alumnado nos ciclos formativos de formación profesional de graos medio e superior en réxime ordinario e para as persoas adultas para o curso académico 2011-2012:
  • O prazo ordinario será do 17 de xuño ao 4 de xullo, ambos os dous incluídos. A matrícula farase do día 19 ao día 22 de xullo de 2011.
  • O prazo extraordinario abranguerá desde o día 1 ao 12 de setembro, ambos os dous incluídos. A matrícula farase do día 27 ao día 30 de setembro de 2011.
A solicitude de admisión farase na secretaría do centro educativo elexido coma primeira opción, podendo solicitar ata cinco ciclos formativos por orde de preferencia.

A oferta de ciclos formativos no curso 2011-2012 podes consultala en http://www.edu.xunta.es/fp

AXUDAS PARA CURSAR ESTUDOS UNIVERSITARIOS

A Orde do 30 de maio de 2011 establece o procedemento de con­cesión, baixo o réxime de concorrencia non competitiva, de axudas destinadas ao alumnado que curse estudos universitarios nas universidades do Sistema Universitario de Galicia, que por causa sobrevida ou imprevista teña dificultades económicas para continuar estudos.

O prazo de presentación de solicitudes iniciarase o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e permanecerá aberto ata o 30 de setembro de 2011.

lunes, 13 de junio de 2011

NOVAS CONVOCATORIAS DE BOLSAS PARA UNIVERSITARIOS

  • Bolsas de formación no Instituto de Avaliación: dirixidas a titulados universitarios e de 6 meses de duración. Fin de prazo: 4 de xullo. Máis información
  • Bolsas do Centro de Estudos e Experimentación de Obras Públicas: dirixidas a titulados universitarios inscritos nun programa de doutorado nuha universidade española. Finde prazo: 18 de xullo. Máis info
  • Bolsas no Consello Superior de Deportes: 4 bolsas (2 para licenciatura/grao en mediciña, 1 para diplomatura/grao en fisioterapia, e 1 para licenciatura/grao en Información e documentación. Prazo ata o 30 de xuño. +Información
  • Bolsas Deputación Ourense: 10 bolsas individuais, para cursar estudos universitarios de 2º curso de grao a aqueles alumnos beneficiarios dunha bolsa “Ourense no Exterior” no curso 2010/2011 e/ou alumnos de 1º curso de máster nas diferentes titulacións de posgrao presenciais que se imparten no Campus de Ourense da Universidade de Vigo. O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 8 de xullo de 2011. + Información
  • Bolsas Leonardo Da Vinci: A Deputación Provincial de Ourense convoca 25 bolsas individuais de estancias e prácticas laborais en empresas europeas, para titulados europeos. O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 23 de xuño de 2011. Máis Información


jueves, 9 de junio de 2011

OFERTA DE CICLOS CURSO 2011/2012

Hoxe saiu publicada na web da Consellería de Educación a oferta de ciclos formativos en réxime ordinario de Galicia para o vindeiro curso.

Podedes consultala por provincia e concello neste enlace. Os ciclos que aprecen en cor máis clara son os novos ciclos LOE, mentres que os de cor máis escura todavía se rexen pola LOXSE (plan antigo).

Lembrade que o prazo de matrícula se abre o vindeiro venres 17 de xuño!!!!

jueves, 2 de junio de 2011

PROBAS PARA CARNÉS PROFESIONAIS

A Consellería de Educación convoca exames para á obtención dos carnés profesionais e das habilitacións profesionais para o ano 2011 nas seguintes especialidades:
  • Operador/ora industrial de caldeiras.
  • Carné profesional en instalacións térmicas de edificios.
  • Instalador/ora de gas, categoría A.
  • Instalador/ora de gas, categoría B.
  • Instalador/ora de gas, categoría C.
  • Instalador/ora de produtos petrolíferos líquidos, categoría I.
  • Instalador/ora de produtos petrolíferos líquidos, categoría II.
  • Reparador/ora de produtos petrolíferos líquidos, categoría III.
  • Carné profesional de operador/ora de guindastre torre.
  • Carné profesional de operador/ora de guindastre móbil autopropulsado, categoría A.
  • Carné profesional de operador/ora de guindastre móbil autopropulsado, categoría B.
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o día 15 de xullo de 2011.

 MÁIS INFORMACIÓN:  DOG 31 DE MAIO / www.edu.xunta.es/fp

miércoles, 1 de junio de 2011

BOLSAS PARA CURSOS INTENSIVOS DE INGLÉS


O Ministerio de Educación convoca axudas para participar en cursos de inmersión en lingua inglesa organizados pola Universidade Internacional Menéndez Pelayo.

Poderán solicitar estas axudas os mozos que non cumprisen 30 anos a 31 de decembro de 2011 e que obtivesen a condición de bolseiro para Ensinanzas Universitarias, Ensinanzas Artísticas Superiores, Otros estudos Superiores ou Formación Profesional de Grao Superior nalgunha das seguintes convocatorias do MEC:
  • Bolsas para iniciar estudos universitarios no curso 2008-2009.
  • Bolsas de carácter xeral para alumnado que curse estudos postobrigatorios non universitarios nos cursos: 2008-2009 y 2009-2010.(FP grao superior)
  • Bolsas de carácter xeral e mobilidade para alumnado universitario e doutros estudos superiores nos cursos 2008-2009 e 2009-2010.
Os cursos terán unha duración de cinco días con 40 horas lectivas e desenvolveranse en réxime de internado de domingo pola tarde a sábado a mediodía.

Os cursos terán lugar en Santander, Madrid, A Coruña, Cuenca, Valencia, Sevilla, Tenerife, La Línea de la Concepción e Barcelona no período comprendido entre o 5 de setembro e o 12 de decembro de 2011.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 30 de xuño de 2011.

OBRADOIRO DE BUSCA DE EMPREGO


A Dirección de Xuventude e Voluntariado a través da súa Oficina de Emancipación Xuvenil organiza un Obradoiro de Busca de Emprego dirixido a  mozos/as de 16 a 35 anos, sendo o criterio de selección a orde de inscrición, con prioridade para  mozos/as que estén no paro.

Os contidos do curso son os seguintes:
  • Como enfrentarse a unha entrevista de traballo.
  • Elaboración dun Curriculum Vitae.
  • Itinerarios profesionais (formación, onde buscar segundo o meu perfil, etc)..
O curso terá lugar os días 16, 23 e 30 de xuño, en horario de 16:30 a 19:30 hrs,  no Centro Coordinador de Información de Documentación Xuvenil de Galicia (Santiago de Compostela).

Os interesados deberán enviar a súa solicitude on-line dende a páxina de Xuventude. Tamén se pode facer in situ no Centro Coordinador de Información e Documentación Xuvenil de Galicia, Prza. do Matadoiro s/n. 15703 Santiago de Compostela (A Coruña).

Tfnos. de información: 881 997 608/609.
Fax: 881 997 627

ACREDITACIÓN DE COMPETENCIAS

Xa podedes consultar as listaxes provisionais de persoas admitidas/excluídas en cada unidade de competencia no marco do proceso de acreditación de competencias convocado pola Orde do 21 de marzo de 2011 (DOG do 25). 
Comprobádeo EIQUÍ.