jueves, 7 de abril de 2011

PLATAFORMA JÓVENES SIN FUTURO


Xóvenes estudantes de instituto e universitarios, có apoio de intelectuais e profesores, acaban de constituir a plataforma de Jóvenes sin Futuro, co obxectivo de protestar contra a precariedade laboral que nos ten levado cara unha situación que deixa ás novas xeracións sen vivenda nin traballo e sen perspectivas de cobrar unha pensión no futuro. 


Por este motivo sairán mañán xoves 7 de abril á rúa (ás 19.00 en Madrid e outras cidades) para demostrarlles aos políticos e aos banqueiros que eles non calan, e amosar o seu desacordo coa política de recortes sociais do Governo. Non están dispostos a aceptar de brazos cruzados o feito de que a  xuventude máis preparada da nosa historia vivirá peor que seus pais.

Podes consultar EIQUÍ o seu manifesto. Se te sintes identificado,  acude e participa. ¡Movilízate!   
En Galicia hai unha manifestación convocada para as 20.30 horas na Praza do Toural en Santiago de Compostela. Se Compostela vos pilla lonxe, pero queredes participar deste movemento, podedes manifestar a vosa adhesión na súa páxina web.

Máis información: www.juventudsinfuturo.net

No hay comentarios:

Publicar un comentario