sábado, 26 de marzo de 2011

ACREDITACIÓN DE COMPETENCIAS


No DOG de onte, 25 de marzo (Nº 60) publicouse a Orde do 21 de marzo, pola que se convoca o proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia profesional (para determinadas unidades de competencia e unhas familias profesionais concretas) na Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Qué son as competencias profesionais? Un conxunto de coñecementos e capacidades que permiten o exercicio da actividade profesional de conformidade coas esixencias do emprego e a producción.
  • De qué trata a acreditación de competencias profesionais? Se trata dun proceso para avaliar e recoñecer esas capacidades adquiridas coa experiencia profesional ou a través de aprendizaxes non formais. En definitiva, trátase de poñer en valor a experiencia profesional, dándolle un recoñecemento oficial.
  • A quén vai dirixido? A aqueles traballadores/as que, aínda que sobradamente capacitados para desenvolver unha profesión, non dispoñen de ningunha certificación oficial que acredite o seu saber facer.
  • Cómo? Con este proceso básicamente o que se fai é traducir esas capacidades e coñecementos a unidades de competencia.
  • Qué son as unidades de competencia? Un referente que proporciona identidade profesional aos traballadores e permite convertir as capacidades adquiridas, ben pola experiencia ben pola aprendizaxe non formal, en competencias válidas para poder avaliar o seu desempeño activo.
  • Qué se consegue con este proceso de acreditación? Un recoñecemento oficial, en termos de unidades de competencia, das capacidades profesionais dos aspirantes. Ademáis, recordade que os certificados de profesionalidade e os títulos da formación profesional están expresados tamén en unidades de competencia. Polo tanto cantas máis UC (unidades de competencia) acredite un traballador, máis preto estará de acadar un certificado de profesionalidade ou de validar unha parte importante dos estudos dun ciclo de FP.
Para máis información sobre este proceso, podedes acceder ao enlace específico da Xunta en materia de competencias: www.edu.xunta.es/ fp/acreditacion.htm.
Tamén atoparedes información moi interesante na web do INCUAL (Instituto Nacional de las Cualificaciones) do Ministerio de Educación.

No hay comentarios:

Publicar un comentario