martes, 28 de abril de 2009

PLAN DE ORIENTACIÓN PROFESIONAL


O Plan de Orientación Profesional establece as liñas básicas de actuación que han servir de referente para o desenvolvemento das accións dos equipos de orientación específicos e dos departamentos de orientación dos centros docentes.
A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria considera que o Plan de Orientación Profesional e o material que se inclúe nesta publicación constitúen unha ferramenta de traballo imprescindible para o adecuado desenvolvemento e potenciación das accións de orientación profesional en Galicia, favorecendo e apoiando o labor dos nosos profesionais da orientación.
Ademais os seguintes materiais deben servir para potenciar as accións de información e orientación profesional nos centros educativos e asesorar ao alumnado na toma de decisións.

No hay comentarios:

Publicar un comentario