martes, 31 de marzo de 2009

NOVOS XEITOS DE FACER O CURRÍCULO II: O CV ONLINE


Seguimos á procura de novas fórmulas de presentación do voso currículo. Esta vez tócalle o turno ao currículo online.
Esta modalidade permite aumentar as nosas posibilidades de emprego, xa que nos presta presenza en internet, o máis importante meio de difusión a día de hoxe.
Existen diversas páxinas que nos permiten crear de xeito moi sinxelo e gratuíto este tipo de currículos, dándonos a posibilidade de abrir unha ventá en internet para o noso perfil profesional. Estes servizos permiten xerar unha web co noso currículo, guiándonos paso a paso na súa elaboración. Ademáis moitos destes servidores nos remiten, mensualmente, un resumo das visitas recibidas, co cal teremos información inmediata do interese que suscita a nosa candidatura.
É un medio barato, de grande alcance e que permite unha actualización permanente. O seu formato de presentación resulta moi profesional e constitúe ademáis un factor de diferenciación, tan importante na carreira por acadar un posto de traballo.
Aquí vos deixamos os enlaces correspondentes a algunhas empresas que prestan estes servizos: jobgraphy, micvweb o smartcv.

Animádevos, os voso manexo na rede e coas tecnoloxías da información serán un plus para os seleccionadores!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario